Os montes comunais da parroquia de Santa María en Salceda de Caselas converteranse nos protagonistas da carreira de obstáculos ‘Carreira Xtrema de A Feira’ organizada pola Asociación Xuvenil do Entroido da Feira.
A proba terá lugar o domingo 16 de febreiro e consistirá nunha carreira de obstáculos de 8 quilómetros de percorrido circular con salida e meta no Parque dos Agoeiros.
O evento comezará ás 11:00h e a saída da proba realizarase en 14 quendas de 25 atletas, que se asignarán por orde de inscrición.
As inscricións, para maiores de 18 anos, están abertas a un prezo de 20 euros ata o 7 de febreiro, e de 25 euros do 8 ao 13 de febreiro. Ademais, poderán realizarse a través da páxina web.