jueves, enero 30, 2025
InicioO PaísA CoruñaFerrol no mapa, unha nova forma de viaxar sen moverse da casa

Ferrol no mapa, unha nova forma de viaxar sen moverse da casa

A concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, Maica García, deu conta na comisión da área da nova ferramenta Ferrol no mapa. Esta está pensada para que os visitantes e os ferroláns teñan toda a información de interese ao alcance.

A iniciativa foi presentada na Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada en Madrid. As persoas interesadas poderán acceder a Ferrol no mapa a través das páxinas web do Concello e de Turismo do Concello, así como nas redes sociais. A ferramenta terá unha serie de mapas interactivos nos que descubrir todas as posibilidades de Ferrol para o visitante. Neles atópanse diversas opcións como o patrimonio, os espazos naturais, os museos, onde xantar, onde durmir ou claves para coñecer elementos únicos da cidade.

Do mesmo xeito, en Ferrol no mapa poderase ver o xemelgo dixital do castelo de San Felipe. Este último é o percorrido virtual que serve de escaparate ao mundo dun dos puntos clave do turismo da cidade. Ademais de constituír nel mesmo un arquivo documental en formato dixital.

Navegando por esta páxina, poderase desfrutar desta innovación grazas á realidade virtual. A experiencia optimizada para dispositivos VR é máis inmersiva se se usan gafas de realidade virtual para realizar o percorrido.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS