jueves, enero 30, 2025
InicioNewsActualidadeA Gala dos Premios Mulleres no Foco contará coa actuación de Tanxugueiras

A Gala dos Premios Mulleres no Foco contará coa actuación de Tanxugueiras

A Deputación de Pontevedra celebrará este xoves 30 de xaneiro a Gala dos Premios Mulleres no Foco, en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).

«O obxectivo destes premios, que levamos impulsando dende o ano 2021, é poñer en valor o traballo das profesionais galegas no mundo do audiovisual co fin de cambiar as cifras de infrarrepresentación actuais das mulleres neste sector» aseguran dende o comité provincial.

Trátase dunha convocatoria aberta á recepción de candidaturas, nas que se premiarán perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector e impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego. Concretamente, son tres os premios outorgados cunha dotación económica de 5.000 euros.

A gala, que terá lugar no Auditorio de AFundación de Pontevedra este xoves 30 de xaneiro ás 19:30h, contará coa participación de As R(H)umorosas como presentadoras, a actuación de Tanxugueiras e a animación de Pablo Méndez.

Ademais, o evento será retransmitido en directo a través do canle de Youtube da Deputación de Pontevedra e será accesible para persoas xordas ao contar con intérprete de lingua de signos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS