jueves, enero 30, 2025
InicioNewsActualidadeA Clásica Álvaro Pino chega á súa quinta edición con novidades no...

A Clásica Álvaro Pino chega á súa quinta edición con novidades no percorrido

A marcha cicloturista Clásica Álvaro Pino regresa o domingo 25 de maio ao sur de Pontevedra e trae consigo algunhas novidades. Entre elas, o cambio de percorrido tanto na distancia curta, de 75 quilómetros, como na longa, de 129.

No caso do percorrido curto, contémplase a subida a un único porto que será cronometrado mentres que no percorrido longo serán catro os portos que se suban. Os portos polos que pasará a marcha nesta edición serán: A Franqueira, cronometrado para ambos percorridos; Castro de Troña, Moscoso e Cillarga dende Padróns.

A saída e a meta terán lugar no Concello de Ponteareas, mentres que o percorrido atravesará sete concellos máis como son Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, A Cañza, Mondariz, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén.

Por outra banda, as inscricións están abertas e poden realizarse a través da páxina web da proba. Existen tres modalidades (básica, xeral e premium) e os prezos varían por tramos en función da data.

Ao igual que a pasada edición, a marcha contará cun invitado homenaxeado, que este ano será Isidro Araújo, exciclista profecional de Ponteareas, que tras a súa traxectoria como ciclista profesional no equipo CLAS traballou como auxiliar no equipo Kelme baixo as directrices de Álvaro Pino. Ademais, a proba tamén contará coa participación de Discamino, como é habitual.

Por último, dende a organización recordan que «o día previo á marcha, o sábado 24 de maio, celebrarase a xa clásica Feira do Corredor na que os participantes poderán recoller o seu dorsal, as bolsas do corredor e asistir á charla cos convidados deste ano».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS