jueves, enero 30, 2025
InicioNewsActualidadeAs Neves reforzará os servizos municipais coa contratación de nove persoas

As Neves reforzará os servizos municipais coa contratación de nove persoas

O Concello das Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e traballadoras co fin de reforzar distintos servizos municipais durante o ano 2025.

Os postos ofertados son os seguintes:

  • 2 peóns de recollida de lixo, a xornada completa durante 9 meses
  • 2 peóns forestais, a xornada completa durante 8 meses
  • 2 peóns de obras públicas, a xornada completa durante 7 meses
  • 1 auxiliar administrativo, a xornada completa durante 7 meses
  • 1 fontaneiro, a xornada completa durante 6 meses
  • 1 xardineiro, a xornada completa durante 6 meses

O alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, destacou que «con estas contratacións os servizos municipais poderán ser mellorados e garantiremos así que as nosas rúas, parques e instalacións estan en óptimas condicións». Ademais, afirmou que «seguiremos apostando por un proceso de selección transparente que permita a todos os veciños e veciñas interesadas, optar a estes postos de traballo».

As persoas interesadas en postular a estes cargos, deberán estar dadas de alta como demandantes de emprego e solicitar a súa inclusións nos códigos correspondentes na súa Oficina de Emprego.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS