A chegada da borrasca Herminia á Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda, a única estación de esquí de Galicia, conseguiu cubrir de gran cantidade de neve a estación, facendo posible a súa apertura neste ano 2025.
A previsión para os próximos días é que a neve persista ou que as temperaturas sexan o suficientemente baixas como para permitir que se poñan en funcionamento os cañóns de innivación para fabricar e manter a neve.
Deste xeito, dende a xerencia da estación confían en que, se as prediccións do tempo se cumplen, este venres 31 de xaneiro «se poidan abrir varias pistas para esquiar«. Do mesmo xeito, apuntan a que o problema nestes momentos «é o vento. Que asola a zona con refachos de ata 100 km/h, o que non permite poñer en funcionamento o telecadeira».
Polo de agora, a estación permanece aberta para o uso turístico, incluíndo os servizos de restauración, á espera de nova información sobre as pistas de esquí.