A borrasca Herminia continúa a deixar estragos e incidencias ao longo da comunidade galega. Nesta ocasión, afectou ao sector do automóvil ao impactar un raio no tellado da nave da estación da ITV do Porriño.
O impacto tivo lugar en torno ás 18:00h da tarde do 27 de xaneiro e dende ese momento a estación paralizouse por completo debido ao non funcionamento das máquinas tras a descarga eléctrica. A actividade finalmente foi retomada esta mañá con normalidade.
A incidencia causou certo malestar entre os conductores que acudiron á revisión técnica dos seus vehículos, que foron informados nese momento que deberían marchar e regresar outro día, solicitando unha nova cita.
Estas son as imaxes do momento exacto no que o raio impacta no tellado da ITV do Porriño: