O Concello de Tui vén de perder de forma repentina a un dos seus concelleiros, Xosé Martínez Tato. O falecido, aparentemente a causa dun ictus, formaba parte da corporación dende o ano 2013, era veciño de Randufe, e segundo aseguran, unha persoa moi implicada coa cidade tudense e as súas parroquias.
Xosé era compoñente do Bloque Nacionalista Galego, mais na cidade recordarano sempre como unha persoa dialogante e capaz de falar con todas e todos, independentemente da súa ideoloxía.
Faleceu aos 70 anos de idade. Laboralmente, estivo vinculado á empresa Ganomagoga durante anos e nos últimos meses, destacada a súa participación e organización de andainas.
Dende o seu partido, o BNG de Tui, lamentan o seu falecemento e aseguran que para todos os que conforman o partido, «é un gran perda, en todos os sentidos«.