A Asociacion Local de Comerciantes de Ponteareas, BANASTRA, ten xa en marcha para celebrar unha nova edición da Feira de Oportunidades na vila do Tea. Trátase dun evento no que os negocios e os comercios do municipio saen a rúa cos seus productos con descontos atractivos. Será o sábado 1 e domingo 2 de febreiro nas rúas Oriente e Esperanza.
Os máis pequenos e as máis pequenas tamén contarán con diferentes atractivos como, por exemplo, obradoiros para nenos e nenas impartidos polos alumnos do CDL e do O.E Xuvenil Ocio. Tamén haberá actividades destinadas aos adultos.
De igual xeito, a música será protagonista tanto o sábado como o domingo coa actuación dunha charanga. O horario de apertura desta nova edición da Feira de Oportunidades é desde as 10:00 horas ata as 20:00 horas en horario continuado e o domingo, desde as 11:30 horas ata as 20:00 horas.
Zona gastronómica
A Feira de Oportunidades de Banastra contará con zona gastronómica. As persoas que se acheguen ata os postos que se localizarán nas rúas Orientes e Esperanza poderán desfrutar de diferentes opcións como é o caso do famoso choripán, patacas fritidas con salsa, salchipapas ou café de pota, entre outras.