A I Corrida de Reis – Troféu Ponte da Amizade organizada pola Eurocidade Cerveira-Tomiño en colabroación coa Pedal’Arte de Vila Nova de Cerveira e a Sociedade Atlética do Trega de Tomiño celebrarase finalmente o domingo 2 de febreiro tras o seu aplazamento. A proba inicialmente estaba prevista para o sábado 11 de xaneiro.
A carreira contará con case 200 atletas portugueses e españois inscritos e será realizada ás 11:00h (hora española).
A finalidade da proba é fomentar a igualdade de xénero no deporte, onde os atletas federados e non federados maiores de 18 anos deberán facer unha ruta de 10 quilómetros por estrada, tanto en masculino como feminino.
O punto de inicio está marcado na Avenida Ordóñez en Tomiño ás 11:00h (ES) e a meta terá lugar na Avenida dos Pescadores de Vilanova de Cerveira.