viernes, enero 31, 2025
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza recibe ao xove deportista Sergio Costas tras a súa participación...

A Cañiza recibe ao xove deportista Sergio Costas tras a súa participación coa Selección Galega de Balonmán

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, vén de recibir na Casa do Concello ao xogador de balonmán Sergio Costas tras o éxito acadado no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA), no que a Selección Galega acadou a terceira posición.

Sergio Costas, de 13 anos de idade, é unha xove promesa da canteira do Club Balonmán Cañiza que leva xogando no CBC dende os 6 anos, actualmente na categoría infantil como lateral ou extremo dereito e que foi recentemente convocado pola Selección Galega Infantil para o CESA de Cataluña.

A competición, na que a Selección Galega Infantil acadou a medalla de bronce, foi celebrada nas localidades catalanas de Blanes, Lloret del Mar, Calella, Malgrat de Mar, Mataró e Pineda de Mar do 2 ao 7 de xaneiro de 2025.

Durante a recepción estiveron presentes os familiares e adestradores de Sergio, xogadores do seu equipo no Club Balonmán Cañiza e o cadro directivo do club, ademais de veciños e afecionados.

O alcalde fixolle entrega dunha medalla en «agradecemento e recoñecemento a esforzo e mérito deportivo amosado co seu traballo e tamén por dar visibilidade ao noso municipio» asegurou Piña.

Ao peche do acto, Luís Piña mencionou que «nestes días Sergio foi convocado pola Real Federación Española de Balonmano para participar nunhas xornadas de tecnificación que se desenvolverán do 20 ao 27 de febreiro no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada en Granada”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS