miércoles, febrero 5, 2025
InicioNewsActualidadeSalceda inicia a contratación da redacción do proxecto da nova rúa

Salceda inicia a contratación da redacción do proxecto da nova rúa

O Concello de Salceda traballa xa na adxudicación do contrato de redacción do proxecto da nova rúa que pretende abrir entre a Praza do Concello e a Rúa Brasil. A alcaldesa e encargada do departamento de urbanismo, Loli Castiñeira, aposta nesta ocasión porque sexa un traballo conxunto entre Rubén Martín Vázquez Pérez e Mun arquitectura, ambos con ampla experiencia no urbanismo de Salceda de Caselas.

Para financiar a redacción deste proxecto, dende o Concello presentarase solicitude ao abeiro da liña 4 do Plan Máis Provincia 2025, para o cal o municipio conta con un total de 18.635,01€.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, quixo englobar o proxecto dentro da “segunda transformación de Salceda”, que suporá a creación de novos espazos para a veciñanza e novas zonas verdes e de lecer.

A pretensión do equipo de goberno para este novo espazo público é que sexa unha rúa de prioridade peonil en todo o seu percorrido, á excepción de servizos.

Así mesmo, «será fundamental a dotación de especies vexetais e arboredo, que signifiquen na realidade o nacemento dunha nova zona verde no pleno centro da vila» asegura o goberno local.

«A elección dos dous equipos de arquitectura para que realicen un traballo conxunto realízase por vez primeira dende o equipo de goberno, con intención de aproveitar o enorme coñecemento do urbanismo municipal que teñen ámbolos dous estudos, ao xa ter realizado para o Concello diferentes proxectos de humanización de rúas e recuperación de edificios» informaba Loli Castiñeira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS