miércoles, enero 29, 2025
InicioNewsActualidadeO Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e...

O Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e a comunidade de Montes de Tameiga

Na xornada de onte o Real Club Celta e a comunidade de Montes de Tameiga facían público un acordo que pon fin a anos de litixios xudiciais e abre a porta a culminar de forma efectiva o proxecto internacional Galicia Sports 360 e da cidade deportiva do Real Club Celta en Mos.

O Concello de Mos, encabezado pola súa alcaldesa Nidia Arévalo, celebra este acordo, froito dun diálogo continuado que “sen dúbida algunha será moi positivo para o noso municipio”.

Dende o inicio do proxecto do Real Club Celta en Mos, o Concello e a alcaldesa defenderon sempre que o acordo debería saír dun proceso de diálogo e acordo entre todos os factores implicados, polo que ante esta noticia somentes cabe a gratitude e satisfacción.

“A cidade deportiva do Celta e o GS360 son unha das maiores oportunidades históricas para Mos, por iso é crucial que sexa un proxecto de todos e para todos, con fortaleza e coa coexistencia do medio ambiente, do monte comunal e do mantemento das augas dentro do proxecto”, defende Arévalo aludindo a que o equilibrio de posturas é un éxito colectivo.

Cabe destacar o total agradecemento tanto ao Celta coma á comunidade de Montes de Tameiga por ser capaces de iniciar e culminar con éxito un diálogo que ofrece un acordo positivo para todas partes e sobre todo para todo Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS