O temporal ocasionado pola borrasca Herminia deixa ao seu paso un total de 1226 incidencias entre a xornada do domingo 26 de xaneiro e a mañá do luns 27, segundo os datos rexistrados no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
A maioría destas incidencias tiveron que ver con pólas ou árbores en estradas, con máis de 600. Por outra banda, os equipos de emerxencias tiveron que intervir ata en 149 ocasións para evitar riscos. O número de derrubamentos que se rexistraron alcanzou os 45, mentres que as incidencias en relación a cables nas vías ou estradas chegou ata 95.
A provincia máis afectada ata o de agora foi A Coruña, con 493 incidencias, seguida da de Pontevedra con 476. Con menor impacto do temporal están Lugo, onde se rexistraron 178 e en Ourense, 77. Do mesmo xeito, os concellos que máis sufriron as adversidades da borrasca foron Santiago de Compostela e a Coruña con 42 e 25 incidencias rexistradas, así como Vigo e Pontevedra con 86 e 30. En Lugo, os municipios máis afectados foron Burela e Mondoñedo con 15 ambos, mentres que no Barco de Valdeorras rexistráronse un total de 4.