miércoles, enero 29, 2025
InicioNewsActualidadeDetido o autor de dous roubos con violencia nun establecemento de Tui

Detido o autor de dous roubos con violencia nun establecemento de Tui

O equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Tui vén de deter a un veciño de Mos, de 32 anos, como autor de dous roubos con intimidación cometidos nun establecemento de alimentación no Concello de Tui.

Os roubos foron realizados no mes de decembro do pasado ano e no actual mes de xaneiro e a Garda Civil asegura que «estes feitos xeraron unha importante alarma social, ao tratarse dunha pequena localidade onde os comerciantes e a poboación manteñen unha estreita relación».

Tras o visionado das cámaras de seguridade do local e as declaracións aportadas polos testemuñas , foi posible identificar o vehículo implicado e posteriormente ao propietario do mesmo.

Unha vez detido, foi decomisada a arma empregada durante os feitos, que resultou ser unha pistola simulada. Do mesmo xeito, o detido foi entregado no Xulgado de Guarda do Porriño, quen ordeou a súa posta en liberdade provisional con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS