miércoles, enero 29, 2025
InicioNewsActualidadeDespréndese un tellado en Salceda de Caselas debido ao temporal

Despréndese un tellado en Salceda de Caselas debido ao temporal

As fortes rachas de vento ocasionadas pola borrasca Herminia deixa máis de 1200 incidencias ao seu paso por Galicia durante a xornada do domingo 26 e mañá do luns 27 de xaneiro.

Así é, o Concello de Salceda de Caselas sufriu unha das maiores incidencias da comunidade, ao desprenderse parte dun tellado dun edificio de vivendas nesta localidade.

Ao desprenderse, parte da cuberta caiu ao chan, impactando contra varios vehículos que estaban aparcados na zona. O episodio tivo lugar en torno ás 18:00h deste domingo e ata o lugar desprazáronse axentes de seguridade, entre eles os bombeiros do Porriño.

As rúas Rosalía de Castro e Victoriano Pérez Vidal permaneceron pechadas ao tráfico en tanto que os bombeiros actuaron no tellado do edificio afectado. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS