miércoles, enero 29, 2025
InicioNewsComarcasC. Tangana presenta o documental "La Guitarra Flamenca de Yerai Cortés" en...

C. Tangana presenta o documental «La Guitarra Flamenca de Yerai Cortés» en Travesía de Vigo

O Centro Comercial Travesía de Vigo recibe o 30 de xaneiro a visita de Antón Álvarez. O compositor, cantante, director e produtor máis coñecido como C. Tangana, presenta o documental La Guitarra Flamenca de Yerai Cortés no cine Yelmo.

A obra estreouse o 20 de decembro de 2024 e conta con dúas nominacións aos Premios Goya 2025, á mellor canción e ao mellor documental, unha nominación ao mellor documental nos Premios Forqué 2024, e unha nominación a Premio Novos Realizadores no Festival de San Sebastián de 2024.

Neste caso, o día 30 haberá dous pases no cine Yelmo. O primeiro, ás 18:00 horas e o seguinte, ás 20:00 horas. Despois do primeiro pase, Antón Álvarez participará nun coloquio ante os asistentes da película. Posteriormente, antes de comezar o segundo pase, o director realizará unha presentación ao documental.

Sinopse da obra

C. Tangana cando coñece a Yerai Cortés, guitarrista do flamenco contemporáneo, queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco, tan respectado polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte.

Así, os dous artistas deciden emprender unha viaxe xuntos para gravar un disco. As cancións deste veñen marcadas por unha gran pena, onde o propio proceso artístico enfronta a Yerai co seu pasado e empúxao a explorar un secreto familiar a través do cal trata de redimir a relación cos seus pais. Todo isto, acaba dando como resultado unha experiencia musical única para mergullarse nunha historia de paixón, amor e perdón.

Entradas

As persoas interesadas xa poden mercar as entradas na web de cinema Yelmo para a asistencia a visualización do documental, así como ao coloquio ou introdución da obra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS