miércoles, enero 29, 2025
InicioNewsComarcasA Xunta declara unha Área de Rehabilitación Integral con 138 vivendas nas...

A Xunta declara unha Área de Rehabilitación Integral con 138 vivendas nas Neves

O Consello da Xunta acordou hoxe a declaración dunha nova Área de Rehabilitación Integral (ARI) rural no concello das Neves, a primeira que se declara neste municipio da comarca do Condado.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas deu conta hoxe da declaración desta nova ARI, que ten como obxectivo facilitar a rehabilitación de vivendas e obras de urbanización e reurbanización, «repercutindo sobre as condicións  de vida dos veciños, mellorándoas», tal e como explican desde a administración autonómica.

Esta ARI rural consta de dúas zonas diferenciadas que conforman un ámbito descontinuo que acada un número total de 138 vivendas, nun total de 123 edificios incluídos entre os dous ámbitos, dos que 100 teñen uso residencial prioritario ou exclusivo.  

Deste xeito, unha destas zonas sitúase dentro da delimitación do solo urbano do PXOM das Neves. Inclúe 90 edificacións, con 113 vivendas.  A outra zona recolle o núcleo do barrio da estación do ferrocarril, na parroquia de Santa María das Neves. Inclúe 33 edificacións, cun total de 25 vivendas.  

A superficie total do ámbito da ARI é de 89.548,38 m², dos cales 20.667 m²  corresponden á superficie das edificacións que teñen uso residencial no ámbito do núcleo urbano das Neves, e 6.221 m² é a superficie das edificacións que teñen uso residencial no núcleo da Estación.  

A finalidade básica da declaración hoxe desta ARI é a rehabilitación das vivendas e infraestruturas existentes, mediante unha intervención pública de fomento que impulse o financiamento destas actuacións mediante instrumentos financeiros e outras axudas públicas.  

O obxectivo da Xunta coa declaración destas ARI é facilitar oportunidades aos cidadáns para mellorar a calidade das súas vivendas, a través da posta á disposición dos concellos de fondos para a execución de actuacións de urbanización e reurbanización nestes ámbito, avanzando, grazas ao compromiso de todos, na  recuperación e conservación do patrimonio edificatorio dos municipios da comunidade autónoma. 

Financiamento do programa de Barrios  

O ámbito da ARI que se declara coincide co ERRP (Contorno residencial de  rehabilitación programada) declarado polo Concello en 2022 para participar na repartición de financiamento, que se convocou a través da Xunta, do Programa de  axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio.  

Nesa repartición, ao concello das Neves correspondéronlle 300.000 euros co obxectivo de actuar sobre 30 vivendas e prevese un custo total de 706.090 € e un  investimento subvencionable de 699.820 €. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS