sábado, enero 25, 2025
InicioNewsSantiago pregunta á cidadanía que opina sobre o impacto do turismo na...

Santiago pregunta á cidadanía que opina sobre o impacto do turismo na capital galega

O Concello de Santiago de Compostela lanza unha enquisa cidadá para avanzar no Pacto local por un Turismo Sustentable. A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, anunciou que, a videira semana, se aactivarán as enquisas para que os veciños e as veciñas da capital galega opinen sobre o impacto do turismo na cidade.

Trátase dunha enquisa online para coñecer a visión da cidadanía sobre o impacto das actividades turísticas e como mellorar a súa gobernanza, que se enmarca dentro do proceso de diagnose do Pacto Local por un Turismo Sustentable no que o Concello está a traballar en colaboración coa USC.

“A participación cidadá é esencial para unha boa gobernanza do turismo”, asegurou Míriam Louzao, quen informou que “despois dos tres foros turísticos do mes de novembro en que participaron máis de medio cento de entidades de todo tipo, dende colectivos veciñais ou culturais até plataformas empresariais, agora lanzamos estas enquisas para recoller tamén a perspectiva das persoas que viven, traballan, estudan ou visitan regularmente Santiago de Compostela”.

A enquisa consiste nun formulario con preguntas sobre os beneficios e os prexuízos do turismo, a taxa turística que está previsto implantar, a desigual presión turística que se manifesta nas diferentes zonas da cidade ou as políticas sectoriais que se están a levar a cabo. O formulario estará accesible na web pactolocalturismo.santiagodecompostela.gal a partir do 29 de xaneiro e tamén se poderá acceder a través de códigos QR que se difundirán a través das Redes Sociais do Concello e de Turismo de Santiago. A enquisa estará activa todo o mes de febreiro.

Fitur e nova ruta a Heathrow 

A concelleira de Turismo tamén fixo unha valoración da participación en Fitur, poñendo o foco no resultado dos contactos e encontros de carácter técnico. Neste sentido, Míriam Louzao valorou moi positivamente a nova ruta de Vueling que conectará os aeroportos Rosalía de Castro e Heathrow e que “a efectos prácticos vai supoñer unha maior conectividade de Santiago con Europa”. 

Así, a partir da tempada de verán o aeroporto de Santiago contará cun vóo diario directo ao aeroporto de Londres Heathrow, que se sumará á xa existente de Vueling a Gatwick, que ten cinco frecuencias semanais. Así, Vueling ofertará 12 frecuencias semanais á capital británica, aínda que as dúas rutas se dirixen a segmentos distintos. 

Ademais, Vueling tamén anunciou que tamén incrementará a conectividade dende o aeroporto de Santiago con tres frecuencias semanas máis na ruta con Palma, 5 con Barcelona e Las Palmas e 4 frecuencias con Tenerife. En conxunto, Vueling incrementará a súa oferta de prazas no aeroporto de Santiago nun 13% con respecto a tempada de verán.

Miríam Louzao tamén se referiu á presentación en Fitur da campaña “Compostela con tempo. Santiago con todo” asegurando que “a aposta por unha carta de presentación que prima a sustentabilidade sobre calquera outro factor, posiciónanos entre os destinos que se sitúan na vangarda da promoción enfocada ao cambio de modelo turístico”. 

“Estamos convencidas que o enfoque da promoción e das campañas debe ir na liña da sustentabilidade e o feedback positivo que recibimos onte por parte do público que asistiu á presentación da nosa campaña corrobora esta aposta” afirmou Míriam Louzao.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS