O Concello de Ribadavia anuncia as bases para a participación das comparsas no desfile do entroido o domingo 2 de marzo. As comparsas terán que presentarse o domingo día 2 de marzo, ás 17:00 horas no I.E.S O Ribeiro. O desfile rematará na Praza Maior.
As comparsas, que terán que contar cun mínimo de 10 persoas sen máximo de compoñentes, deberán inscribirse no Concello, na Casa de Cultura ou no correo electrónico cultura@ribadavia.es antes do mércores 25 de febreiro. Ademais, terán que achegar os datos do responsable da mesma e un listado co nome do responsable, teléfono e número de componentes. Por outro lado, as que desexen leer coplas ou cantar no palco deberán solicitalo na inscrición.
As comparsas participantes recibirán diferentes cantidades. Por comparsa recibirán 200 euros, por carroza 150 euros, e finalmente, 100 euros por cantar no palco. Tamén teñen dereito a unha subvención de 5,00 euros por participante no desfile. Dende o Concello agradecen as comparsas por «un ano máis de esforzo para seguir mantendo o Entroido en Ribadavia».
Estas condicións manteránse ata esgotar o orzamento, segundo explican desde a adminsitraicón local. As persoas interesadas poden consultar a información na páxina web do Concello. As que desexen máis información poden porse en contacto enviando un correo electrónico a cultura@ribadavia.es ou chamando ao Casa da Cultura e ao Concello.