viernes, enero 24, 2025
InicioNewsComarcasFalece unha muller no Porriño no incendio da súa vivenda

Falece unha muller no Porriño no incendio da súa vivenda

Tráxico suceso no municipio do Porriño. Unha muller, de 89 anos, faleceu no incendio da súa vivenda durante a madrugada deste venres 24 de xaneiro. Os feitos ocorreron sobre as 02:00 horas e os efectivos non puideron facer nada por salvarlle a vida a esta veciña da localidade da Louriña malia as tarefas de reanimación. Con todo, si puideron rescatar ao seu marido.

Todo apunta a que a muller faleceu a causa dunha intoxicación por monóxido de carbono durante o incendio da súa casa. A vivenda localízase no barrio da Malladoura, na rúa porriñesa de Navuxil. Segundo fontes do caso, a orixe do lume estaría nunha manta ou sofá eléctrico.

Foi un veciño, ao escoitar a un home pedindo auxilio, o que alertou á Policía local. Ata o lugar desprazáronse os axentes da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil co obxectivo de sufocar o lume e rescatar as persoas que se atopaban dentro da vivenda. Finalmente, os axentes da Policía Local trasladaron ao home de 92 anos ata unha ventana e, desde alí, os bombeiros sacaron para trasladalo a un centro médico. Non puideron facer nada por salvarlle a vida á muller malia as tarefas de reanimación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS