viernes, enero 24, 2025
InicioNewsComarcasFalece a exconcelleira nacionalista de Ponteareas, Lola Covelo

Falece a exconcelleira nacionalista de Ponteareas, Lola Covelo

O BNG de ponteareas vén de facer público o pasamento da exconcelleira nacionalista, Dolores Covelo, que formou parte da corporación municipal entre os anos 2021 e 2013, asumindo no goberno a responsabilidade de Infraestruturas Básicas.

Así mesmo, tiña participado activamente no partido nacionalista nas últimas décadas, formando parte das candidaturas municipais e sendo integrante do Consello Local, o órgano de dirección da formación nacionalista na localidade.

O Bloque Nacionalista de Ponteareas expresou a súa inmensa dor ante o falecemento, e quixo transmitir o seu pesar tras a perda «dunha gran persoa e dunha excepcional compañeira que estará por sempre na nosa memoria», do mesmo xeito, traladou o seu afecto e apoio á súa familia nestes difíciles momentos.

Dende o partido recórdana como «unha firme defensora da sanidade pública, loitando nos últimos anos contra unha enfermidade e participando nos movementos sociais para denunciar a situación de colapso da sanidade pública, reivindicando o dereiro da cidadanía a unha atención sanitaria digna».

O BNG agradece publicamente as mostras de apoio e afecto que está recibindo nas últimas horas por parte de veciños e veciñas, así como de entidades sociais que están amosando o seu pesar por esta triste perda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS