As comarcas do sur de Pontevedra énchense de actividades e propostas de ocio para todas as idades. A continuación, toda a programación para esta fin de semana do 24 ao 26 de xaneiro:
Venres 24 de xaneiro
A biblioteca municipal do Rosal acollerá o Contacontos «Lúa quere viaxar a… Marte».
A actividade dará comezo ás 18:00h e está enfocada para nenos e nenas maiores de 3 anos.
A Cañiza contará o «Circo Inimitable» durante toda a fin de semana no aparcadoiro do Regueiro.
Haberá funcións o venres, sábado e domingo.
O Concello de Nigrán organiza un roteiro un roteiro na honra de Manuel Lemos.
A actividade dará comezo ás 16:00h e é preciso inscrición previa no 669 859 418.
A Sala da Cultura de Mondariz Balneario acollerá un obradoiro de primeiros auxilios gratuíto.
O curso será impartido das 17:00h ás 20:00h e a entrada será de balde ata completar aforo.
Sábado 25 de xaneiro
O municipio luso de Monçao propón unha fin de semana gastronómica na que se poderá degustar o prato típico «Bacalhau à Monçao«.
Consulta os restaurantes adheridos e toda a información aquí.
O Auditorio de Nigrán acollerá a obra teatral «Mentalmorbose» da man de Noitebras Teatro.
A entrada é de balde ata completar aforo. A función dará comezo ás 20:00h.
A comisión de festas de San Liborio, na parroquia de Soutelo de Salceda de Caselas celebra as festas na honra de San Vicente.
A partir das 18:00h actuará o grupo Takikardia e un DJ.
Domingo 26 de xaneiro
O Club de Baloncesto Condado organiza unha concentración “baby”, na que clubs de baloncesto da comarca amosarán as súas habilidades.
O evento terá lugar no pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas, a partir das 16:00h.
A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro festexa o seu «Gran Cocido» na parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño.
A xornada servirá como pre-axuda para a Festa da Sementeira e Música.
A violinista polaca Julia Blachuta xunto ao pianista pontevedrés Severino Ortiz ofrecerán un concerto de música clásica no Auditorio Municipal de Nigrán.
A actuación dará comezo ás 20:00h e a entrada é de balde.
O Rosal festexa a romería na honra de San Vicente.
A celebración dará comezo ás 10:00h coa actuación do grupo «Do Lusco ó Fusco».
Baiona invita a participar nunha proba de orientación no entorno de Chan da Lagoa.
A actividade dará comezo á 10:00h e é preciso inscrición previa no 986 356 558.