sábado, enero 25, 2025
InicioNewsComarcasArbo mellorará o pavillón polideportivo municipal cunha achega de 90.000 euros da...

Arbo mellorará o pavillón polideportivo municipal cunha achega de 90.000 euros da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por valor 180.000 euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que os concellos da Lama e Arbo acometan melloras nos seus equipamentos deportivos. O presidente da institución provincial, Luis López, detallou que A Lama recibirá 90.000 euros para financiar as obras de mellora dos vestiarios do pavillón municipal, e Arbo outros 90.000 euros para poder acometer o proxecto de mellora do pavillón polideportivo municipal de Chan. “Cos 8 millóns de euros deste plan, o dobre que na pasada edición, continuamos modernizando os equipamentos deportivos do conxunto da provincia como nunca antes se fixera”, asegurou López.

En concreto, Arbo contará con 91.600 euros para mellorar as condicións actuais do edificio do pavillón polideportivo de Chan por medio da súa modernización e mellora, pero tamén dotándoo de novos elementos e comodidades. Así, entre as actuacións contémplase dotar de novos pavimentos a diferentes zonas do edificio, dun novo marcador electrónico na pista e  no campo de fútbol municipal ou se mellorarán os vestiarios, entre outros.

Por outra banda, 90.800 euros recibirá A Lama permitiranlle reorganizar os espazos existentes na actualidade no pavillón, co fin de crear una nova sala polivalente para a práctica do fitness. Para iso converteranse os catro vestiarios existentes na actualidade, que comparten zona de duchas cada dous deles, en dous vestiarios completamente independentes coa súa respectiva zona de duchas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS