O Concello de Allariz quere mellorar a accesibilidade e a seguridade do espazo urbano. Para iso, acometeu o proxecto de renovación das beirarrúas na urbanización San Benito, unha actuación que pretende transformar a mobilidade na zona.
Esta intervención busca humanizar o entorno, mellorar o tránsito peonil e ordenar a circulación dos vehículos, co fin de solucionar os problemas de estacionamento e facilitar o acceso ás vivendas. Nestas beirarrúas leváronse a cabo accións de ampliación e reforma, para garantir un espazo máis amplo e cómodo para os peóns.
Así, o Concello de Allariz dá un paso máis na mellora do seu espazo urbano, apostando por un entorno máis accesible, ordenado e adaptado ás necesidades actuais da veciñanza.
A esta obra sumase outra de embelecemento da zona cun mural de Yoseba Muruzábal, vinculado ao patrimonio cultural inmaterial. Empezando a executar de forma integral unha mellora deste espazo alaricano.
O plan de cooperación da Deputación de Ourense (cooperOU) encargouse do financiamento desta primeira acción e no caso do mural sufragouse con fondos propios do Concello de Allariz.