O Concello das Neves vén de presentar na Feira Internacional de Turismo a XXXII Edición da Feira do Requeixo e Mel, un evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
A celebración, que terá lugar os días 18 e 19 de abril de 2025, coincidirá coas festividades do venres e sábado santo, como é tradición.
Ata o lugar, desprazaronse o alcalde, José Manuel Alfonso e a concelleira de Turismo, Ana Belén Rodríguez Pino. Durante a presentación, destacaron «o valor cultural e gastronómico desta festa, que leva máis de tres décadas honrando as raíces e tradicións da nosa terra». E aseguraron que «o requeixo, elaborado de forma artesanal segundo as receitas transmitidas de xeración en xeración, é o protagonista absoluto deste evento, acompañado sempre do mel da mellor calidade, un tesouro que reflicte a riqueza natural do noso territorio».
José Manuel Alfonso resaltou tamén a importancia desta celebración como un punto de encontro para veciños e visitantes, converténdose nun escaparate do mellor de As Neves: produtos auténticos, tradición e hospitalidade.