viernes, enero 24, 2025
InicioNewsA terraA mocidade promociona os parques naturais galegos nas redes sociais co concurso...

A mocidade promociona os parques naturais galegos nas redes sociais co concurso ParqueVibras

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, anima ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a participar no concurso #ParqueVibras. O obxectivo é promocionar os parques naturais galegos a través de vídeos para redes sociais.

Durante a súa visita ao IES do Sar, en Santiago de Compostela, a conselleira salientou a importancia de concienciar á mocidade no coidado da riqueza ambiental e da biodiversidade de Galicia. Para iso, a Xunta de Galicia abriu un concurso no que os participantes deberán realizar vídeos orixinais para Instagram, TikTok ou YouTube. Estes centraranse e inspiraran nalgún dos 6 parques naturais de Galicia. Como son as Fragas do Eume, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro; e Enciña da Lastra.

O prazo para poder participar, tanto individualmente ou en grupo, xa se abriu e permanecerá así ata o 3 de marzo. Ángeles Vázquez indicou que esta iniciativa conta cunha páxina web propia para canalizar toda a información dispoñible e xestionar as inscricións dos participantes. Tamén poderán inscribirse a través do centro educativo.

Aínda que a temática relacionarase coa Rede de parques naturais de Galicia, a conselleira subliñou que os participantes terán liberdade para xestionar os contidos. Polo que poderán incluír imaxes dalgunha ruta peonil, bailes, gráficos ou memes, entre outros elementos. Ademais, os vídeos deberán incluír na publicación, en calquera das tres redes, os seguintes hashtags obrigatorios: #ParqueVibras, #ConcursoNaturezaGalicia e #DescubreParquesGalicia.

O concurso consta de tres categorías: creatividade, viralidade e valor divulgativo. O día 22 de abril daranse a coñecer os 12 finalistas, 4 para cada unha delas. A partir de aí, escolleranse os 3 vídeos premiados. Terase en conta a proposta máis orixinal, a de maior número de likes e a que contribúe a difundir mellor os valores do patrimonio.

Ángeles Vázquez engadiu que o 24 de maio, Día Europeo dos Parques Naturais, se celebrará unha gala de entrega de galardóns. Ademais, os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para todos.

CORRECCIONES LUCÍA: REVISA LA METADESCRIPCIÓN HAY ERRORES

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS