A praza máis céntrica do municipio raiano de Monção, Deu-la-Deu, convertirase, cando menos por un día, nun particular circuito. E é que esta localidade lusa clebra unha nova ediicón do Rally da Lamprea. Ademais, os restaurantes deste concello do outro lado da raia ofrecerán o famoso plato Lamprea á moda de Monção. Será a fin de semana do 22 de febreiro.
Esta proba deportiva «é un dos eventos máis emblemáticos do municipio de Monção», segundo explican desde a Cámara Municipal. Indican que «agárdase con moita adrenalina polos participantes» e «con gran expectativa polos amantes deste deporte do motor».
Proba nocturna
Na proba nocturna do sábado e nas probas diúrnas do domingo, «recibimos a miles de persoas de Portugal e España que vibran coa emoción itensa da competición e se delician coa Lamprea á Monda, o prato de excelencia nos restaurantes do noso concello».
Este evento celebrarase na fin de semana do 22 e 23 de febreiro e suporá «unha verdadeira romaría en busca dun sabor ancestral que, vestido con roupaxes innovadoras, chegou aos nosos días cunha receita apetecible para quen goza de mirar e probar».