jueves, enero 23, 2025
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas presenta en FITUR o cartel das festas do...

O Concello de Ponteareas presenta en FITUR o cartel das festas do Corpus Christi

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, xunto ao tenente de alcaldesa Juan Carlos González, o concelleiro de Turismo, Nicolás Rodríguez e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, veñén de presentar no stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo o cartel do Corpus Christi 2025.

“Pola súa importancia e polo seu alcance, este ano e por vez primeira o cartel do Corpus Christi de Ponteareas foi presentado en FITUR. Era unha conta pendente, recoñecer a nosa festa máis importante, un dos nosos sinais de identidade que leva o nome de Ponteareas polo mundo adiante e ademais é un recoñecemento ao esforzo das e dos nosos alfombristas”, sinala o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura.

A  festa, de Interese Turístico Internacional dende o ano 2009, e recentemente decarada Ben de Interese Cultural Inmaterial, busca agora conseguir o recoñecemento da UNESCO, segundo informan dende o goberno local.

Tamén en FITUR, se presentará a décimo terceira edición do Festival Groba, unha semana adicada a difundir a música de cámara nos seus diversos formatos, por en valor a creación compositiva do Mestre Groba e achegar a música ao maior número de público.

A alcaldesa, Nava Castro, «convida a vivir a arte de Ponteareas en FITUR» e no stand de Galicia asegura que «difundirá o nome da vila a través da música e da arte efémera das alfombras, así como tamén a través das exposicións que acolle a recentemente inaugurada residencia de artistas Artistea e a Tradicional Feira dos Remedios«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS