O Concello de Mos ten adicados todos os seus esforzos no rexeitamento rotundo á nova A52 que o Ministerio de Transportes e mobilidade sostible do Goberno de España vén de presentar para exposición pública hai poucas semanas.
O tempo é limitado, por iso os servizos municipais están a pleno rendemento a xornada completa coa intención de dar entrada e rexistro a todas as alegacións que de forma masiva está presentado a veciñanza.
Do mesmo xeito, o Concello de Mos xa ten cursada unha solicitude de colaboración ao rexistro da Deputación de Pontevedra coa intención de que a colaboración entre administracións facilite que a cidadanía poida expresar a súa postura ate a afección dunha nova autovía no territorio de Mos.
Por outra banda, ante as dificultades para rexistrar alegacións expresadas en varios encontros pola plataforma de “Bembrive en pé”, que está a encabezar as mobilizacións e recollida en diferentes puntos da contorna, o Concello de Mos tende a man a estes afectados para o rexistro e traslado ao ministerio de transportes e Mobilidade sostible das alegacións recollidas por eles.
A coordinación e colaboración entre todos os afectados e afectadas por esta novo vial e máxima, polo que se prevé que nestes próximos días ata que remate o prazo de presentación se intensifiquen ao máximo todas as iniciativas.
Non existe teito ao obxectivo marcado para ofrecer unha reposta veciñal o máis contundente posible, o que si se sabe çe que neste momento, cando restan sete días hábiles para a presentación das mesmas, o concello de Mos xa ten recibidas máis de 6.000, un número que na próxima semana contan con se sexa amplamente multiplicado.
De forma paralela á recollida masiva de alegacións ao proxecto, seguen a celebrarse en Mos reunión informativas sobre a afección do proxecto en todas as parroquias, e a comisión de seguimento constituída o pasado 13 de xaneiro segue a manter encontros continuados para a coordinación de todos os seus integrantes na toma de decisións conxuntas.
Tamén existe previsión de que nos próximos días se fale da A52 en diferentes institucións, será o mércores 29 de xaneiro cando no pleno do Parlamento de Galicia se fale sobre esta nova autovía, debate no que se conta que exista presencia de veciños afectados. Posteriormente, o venres día 31 terá lugar un pleno extraordinario e monográfico no Concello de Mos, cunha concentración cidadá na praza da casa consistorial.
En definitiva o Municipio de Mos ten a inmensa maioría das súas forzas sociais, institucionais, políticas e veciñais centrados nesta primeira fase de defensa ao seu territorio, recollendo alegacións veciñais e que dará paso no futuro a outro tipo de accións.