O Concello de Tomiño impulsa «Así si», o Obradoiro de Educación Afectivo – Sexual con perspectiva de Xénero. A actividade, promovida pola Concellería de Igualdade, preséntase nas aulas do IES Antón Alonso Ríos do propio Municipio.
“Así si” é un proxecto educativo basease no adestramento da comunicación asertiva como ferramenta indispensable para construir relacións afectivas e sexuais sas, baseadas na igualdade. A prevención das enfermidades de transmisión sexual, os embarazos non desexados ou o rexeitamento a calquer tipo de violencia son algúns dos diversos temas transmitidos non só a mocidade senon tamén as súas familias.
Para iso, a consultaría especializada “Igualadas”, co obradoiro, acércase e traballa ca mocidade con dinámicas de role-playing, xogos e outras actividades. De este xeito, ofrécenlles recursos básicos para detectar situacións e relacións baseadas na desigualdade, comportamentos abusivos, sumisos ou que supoñan calquera tipo de violencia. Ademais de proporcionarlle elementos que favorezan a súa autoestima para poder rexeitalas ou denuncialas se fora preciso. Ao mesmo tempo, foméntase o valor de que as diferencias suman e fan a cada persoa únicos.
Desta forma, replantéanse os estereotipos e roles de xénero tradicionais, a cousificación e hipersexualización dos corpos das nenas, mozas e mulleres apoiados na cultura machista. Pechando e aclarando crenzas erróneas sobre a afectividade, reforzando a idea do consentimento e o respecto coma cimentos de calquera relación afectiva e sexual san.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, incidiu que “con iniciativas así reforzamos o compromiso do Concello coa igualdade e coa educación da nosa mocidade, fomentando relacións baseadas no respecto mutuo e no consentimento. Este tipo de proxectos son imprescindibles para previr situacións que lamentablemente aínda existen, como a cosificación ou a hiper sexualización, ao tempo que reforzamos valores de autoestima e de valoración da diversidade, fundamentais para a formación integral do alumnado”, explica a rexedora.