O líder de Alternativa por Mondariz e ex alcalde do municipio, Xoan Carlos Montes Calis, explica nos micrófonos de Si Radio os motivos polos que renunciou a ser alcalde. Considera que «a meirande parte da veciñanza entendeu a miña decisión» e indica que «eu non ía a mentirlles, presenteime ás eleccións dicindo que non iamos instalar un polígono industrial na Lagoa e iso precisamente era o que me esixían desde a oposición».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: