O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar a través do II Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra un proxecto de máis de 139.000 euros, co fin de mellorar os equipamentos deportivos do municipio. Nesta ocasión, as actuacións realizaranse na pista polideportiva de fútbol sala e baloncesto, nas pistas de tenis e na zona de Skate Park.
As obras consistirán na mellora dos pavimentos existentes nas tres áreas. Deste xeito, actuarase no céspece artificial da pista polideportiva, reparando e acondicionando a superficie subxacente; no pavimento poroso das pistas de tenis, reparando e procedendo á marcaxe e pintado das liñas posteriormente; por último, se reparará e se pintará toda a superficie do Skate Park e se substituirán algúns elementos para modernizala.
O fin deste proxecto é mellorar a conservación e a modernización das instalacións do Parque Público A Canuda. A maiores, o goberno local recorda que «se están a executar tamén obras de mellora nas instalacións deportivas do Casal e no Campo de Fútbol do Oural en Fornelos. Ademais, proximamente procederanse a realizar as obras de modernización e eficiencia no Campo de Fútbol Antonio Bernárdez Gándara – Dextros».