miércoles, enero 22, 2025
InicioComarcasAllariz-MacedaFalece Xosé Manuel Piñeiro, unha das caras máis recoñecidas da TVG

Falece Xosé Manuel Piñeiro, unha das caras máis recoñecidas da TVG

Xosé Manuel Piñeiro falece en Santiago de Compostela aos 68 anos. Nado en Allariz (Ourense) en 1957, licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e posteriormente, converteuse nos anos 1990 nun dos rostros máis coñecidas da televisión pública galega.

O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Aínda que tamén guiou programas coma Tequelexou, Téquele, téquele ou Acompáñenos, entre outros. Ademais de presentar e numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica. Dende 2011 presentaba o programa Bamboleo.

No 2018, diagnostícanlle un cancro tendo que retirarse da televisión. Dous anos despois, no 2020, galardoárono ca Medalla Castelao que entrega a Xunta de Galicia anualmente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS