miércoles, enero 22, 2025
InicioNewsActualidadeConcello de Baiona e Xunta asinan o convenio para completar a humanización...

Concello de Baiona e Xunta asinan o convenio para completar a humanización en Sabarís

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, veñen de asinar o convenio para executar as obras que completarán a humanización da travesía interior de Sabarís, mellorando os espazos peonís da contorna urbana do municipio.

Na sinatura deste acordo, estivo tamén a directora xeral de Ordenación do Territorio  e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

Este acordo, a través do que a Xunta asume o investimento de 1,8M€ nas obras, forma parte da liña de cooperación do Goberno galego cos municipios, neste caso con actuacións de humanización que xogan un papel fundamental para a posta en valor das vilas, favorecendo a súa dinamización social e económica.

O convenio inclúe ademais o compromiso do Concello de Baiona, de asumir a titularidade da rúa Julián Valverde e a de Porta do Sol, que se corresponden coa travesía do antigo trazado da estrada autonómica PO-553.

As obras obxecto do acordo entre a Xunta e a entidade local consistirán na humanización do treito de 1,1 km de lonxitude da rúa Julián Valverde, desde o cruce coa rúa José Pereira Troncoso ata a rotonda da rúa Porta do Sol, completándose deste xeito un itinerario peonil accesible de 2km, ao conectar con tramos xa executados noutro treito desta rúa Julián Valverde, así como na Porta do Sol e en Areas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS