domingo, febrero 2, 2025
InicioNewsActualidadeAs Neves reivindica o valor da educación no rural cun evento centrado...

As Neves reivindica o valor da educación no rural cun evento centrado nas Escolas Unitarias

Profesionais da educación e familias daránse cita o vindeiro sábado 15 de febreiro na Escola Unitaria de Taboexa nun evento onde o foco estará nas Escolas Unitarias e na calidade educativa das mesmas.

O evento, denominado «Orgullo de Unitarias» dará comezo ás 17:00h e contará coa presenza de diferentes axentes educativos como o departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), as Escolas Unitarias de Taboexa e Rubiós, o CRA Antía Cal de Gondomar así como unha representación tanto da Comunidade de Montes de Taboexa como do Concello das Neves.

A Unitaria de Taboexa, coñecida como ‘Escola da Rata‘, vén albergando nenos e nanas da aldea dende os anos 50 e será a protagonista neste encontro centrado nas Escolas Unitarias, que dende a organización aseguran que «son hoxe a vangarda da Educación Infantil ofrecendo unha escola cercana e integrada na comunidade«.

A xornada está dirixida a toda a veciñanza e a todas aquelas persoas interesadas en promover unha educación de calidade

A maiores, dende a escola lembran que o vindeiro xoves 20 de febreiro terá lugar a xornada de portas abertas para todas aquelas familias interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas na Unitaria de Taboexa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS