miércoles, enero 22, 2025
InicioConcellos +ArboArbo abre o prazo para participar no XII Certame de Carteis para...

Arbo abre o prazo para participar no XII Certame de Carteis para a nova edición da Festa da Lampresa Seca

O Concello de Arbo volve abrir a convocatoria do XII Certame de carteis Brais Alonso por mor da celebración da XXX Festa da Lamprea Seca. O concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para promover esta festa gastronómica que terá lugar o 8, 9 e 10 de agosto deste ano.

Todas as persoas interesadas poderán presentarse e entregar como máximo dous carteis por participante. Permítense calquer soporte que sexa acorde na entrega das ideas e nun soporte electrónico que posúa a máxima resolución.

Aínda que se pode presentar os traballos nun sobre pechado, acompañado doutro sobre adicional tamén pechado no que figuren os datos persoais do participante, cunha fotocopia do DNI, domicilio e teléfono ou medio de contacto. No caso de presentar dúas propostas, deberán entregarse en sobres distintos.

Os carteis terán que cumplir unhas especificacións como que deberán incluir de maneira correcta as letras e a edición da festa que corresponda con este ano, 2025, » XXX Festa da Lamprea Seca os días 8, 9 e 10 de agosto». Con respecto a realización das ideas poderanse empregar todo tipo de materiais.

Pódese optar a dous premios, o primeiro de 400 euros e o segundo de 300 euros. O prazo de entrega das propostas dos carteis rematará o día 28 de febreiro do 2025. As persoas interesadas poderán consultar máis información na páxina web do Concello de Arbo.

Cartel do XII Certame de Carteis Brais Alonso
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS