miércoles, enero 22, 2025
InicioNewsA Deputación de Ourense estuda construír nun futuro un parque de bombeiros...

A Deputación de Ourense estuda construír nun futuro un parque de bombeiros metropolitano

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor vén de realizar unha visita ás instalacións do parque de bombeiros da Deputación, situado no Polígono de San Cibrao das Viñas, que presta servizo a unha área de máis de 30.000 habitantes, sendo tamén a área industrial máis importante de Ourense.

Menor salientou ademais o «carácter estratéxico e a importancia deste parque, que leva máis de 20 anos en funcionamento», e durante a súa visita comprometeuse a «comprobar o seu funcionamento, así como a necesidade de implementar melloras, tanto nas propias instalacións como nas súas dotacións».

A maiores, o presidente provincial mencionou a posibilidade de «crear un proxecto para poder cambiar as instalacións, sempre e cando a ubicación das mesmas impida un crecemento destas» e fixou nun horizonte maior a «posibilidade de construír un parque comarcal, un parque metropolitano de Ourense que preste servizos a esas máis de 30.000 persoas e acolla as necesidades da industria da provincia».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS