Numerosos teléfonos móviles das zonas fronteirizas de Galicia con Portugal recibiron unha mensaxe de Protección Civil de Portugal alertando de fortes choivas e vento previstas ata a tarde do mércores 22 de xaneiro.
A información foi enviada á poboación local en portugués e aos móviles de España ou persoas en itinerancia de datos dentro de Portugal, en inglés.
A notificación relataba a seguinte mensaxe: «Choiva forte e persistente na súa rexión nas próximas 48 horas. Vento forte. Risco de inundacións. Estea atento».
Segundo Meteogalicia, non está previsto ningún aviso meteorolóxico na comunidade galega para esta semana.