O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, o delegado territorio da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e concelleiros e membros do goberno local, veñén de visitar os novos vestiarios das instalacións deportivas da Freixa, construídos ao abeiro dun convenio entre a Xunta e o Concello.
A través do acordo de colaboración, o Goberno galego achegou 55.200 euros ás obras, presupostadas por valor de 69.000 euros, onde o goberno local aportou a cuatía restante.
A medida enmárcase na aposta da Xunta de Galicia por reforzar as infraestruturas deportivas en Galicia, que contou durante o ano 2024 cun orzamento global de 22 millóns de euros a través de axudas da Secretaría Xeral para o Deporte e de liñas específicas de apoio ás administracións locais.
O obxectivo «é facilitarlles tanto aos clubs e deportistas de base como ao conxunto da poboación unhas dotacións axeitadas para a práctica deportiva, e favorecer así os adestramentos e unha vida saudable» aseguraba Calvo.
As obras realizadas no entorno da Freixa consistiron nunha edificación illada de planta baixa destinada a vestiario, aseos e almacén, co fin de darlles servizo ás persoas usuarias das instalacións deportivas ao aire libre situadas nesta área, que constan dun campo de voleibol, unha pista mixta e catro pistas de tenis.