lunes, enero 20, 2025
InicioO PaísA CoruñaOs Premios Youtubeiras+ 2024 entréganse este ano en Narón

Os Premios Youtubeiras+ 2024 entréganse este ano en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acolle a entrega dos Premios Youtubeiras+ 2024 o sábado 1 de febreiro de 2025. Será presentada por Javi Sánchez Castro (artista coñecido co nome de Meiga-i) e De Ninghures daralle o toque musical a gala. O lema deste ano é Fachenda ao cadrado para reivindicar o orgullo pola lingua galega ademais de mostrar a fachenda que sinten de vivir en galego e atopalo en todas as redes e en todos os ámbitos da vida.

Javi Sánchez (Meiga-i), Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputada da Coruña e Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón anunaciaron aos finalistas. Nesta edición, haberá caras novas e outras que repiten no evento. Na categoría de rede atópase OU ké, Pablo Rodríguez Vila e Rebelico. Na categoría de revelación Carlota Ghatos, Arquivoanab e Galiactiva. Os e as finalistas a calidade Lingüística son Galego para nenos, Luís do Río e a Debate no Eirado. Por outro lado, na categoría de premio do público os nominados e nominadas son «A revolución galega de 1846», «Non máis Bágoas» e «Queimas controladas». Sara Seco, Prado Rúa e Konachadas son as finalistas na categoría a mellor canle de TikTok. Os e as finalistas a mellor canle de Youtube son Exército Mekemeke, O Faiado Podcast e Iagoraw. Por último, na categoría de creación de contido os nominados e nominadas son Anxo Sánchez, Prado Rúa e Rodri Míguez.

Actividades

Con respecto aos anos anteriores, en Youtubeiras+ 2024 haberá varias novidades, posto que a gala será precedida por diversas actividades. Unha destas, o Fiadeiro Dixital que impartirá Toxío, composto por Nuria Espasandín e Sergio Casal. Iniciarase ás 17:00 horas na sala de ensaios do edificio de aulas no Pazo de Narón. Con este obradoiro prenténdese dar a coñecer os contidos en galego na Internet, ofrecer recursos na lingua galega e animar a crear contidos na Rede con consellos prácticos. Está aberto ao público, baixo inscripción previa para un máximo de 50 persoas.

Youtubeiras+

Ademais dun aperitivo previo á gala que comezará ás 18:00 horas con directo nas redes e que irá guiado por Gabri Fuentes, que irá realizando preguntas.

Outro dos cambios é o nome do proxecto, Youtubeiras+, posto que xa se abriron a outras redes, participando así persoas creadoras de contido en galego en TikTok.

Entrega de premios

Celebrarase o 1 de febreiro ás 19:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Narón. A gala será presentada por Javi Sánchez Castro (Meiga-i), na que actuará o grupo De Ninghures. Como outros anos, na gala contarase coa interpretación en lingua de signos. No remate, a Charanga Alxibeira guiará aos asistentes ao café-teatro do propio Pazo onde desfrutarán duns petiscos.

Youtubeiras+

A entrada é gratuíta aínda que se debe retirarse no propio Pazo da Cultura ou por vía telefónica no 981 102 897 de luns a sábado no horario 09:30 – 14:00 horas e de 17:30 – 20:30 horas ou a través de taquilla.pazo@naron.gal .

Ademais, para facilitar a asistencia a organización creou unha folla para compartir vehículo e incluso ofertan un autobús gratuíto dende Santiago de Compostela. As persoas interesadas poderán informarse na páxina web dos premios Youtubeiras+.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS