A feira Abanca Cimag-GandAgro que se celebrará do 20 ao 22 de febreiro deste ano n volvendo a convertir o recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda lugar de encontro para empresas, colectivos e profesionais do sector agrario.
Un evento importante que xa visitou a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e que puxo en valor a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA como referente nacional do sector que da espazo a plans nos que moitas firmas teñen o seu expoñen os seus productos e no que o público pode desfrutar e relaxarse.
O equipo da entidade ferial nesta quinta edición traerá consigo unha área expositiva que contará cunha gran variedade de productos e novedades en todos os ámbitos. Entre eles encóntrase a sanidade e hixiene animal, a nutrición xenética, animal vivo ou fertilizantes e sementes así como compoñentes e accesorios entre moitos outros. Por iso, estarán presentes moitas das firmas máis importantes do ámbito nacional e internacional.
Do mesmo xeito, o deseño do programa aínda estase a completar pero as actividades son diversas. Así, os e as visitantes presenciarán conferencias e talleres onde descubrirán e analizarán temas de maior actualidade. Tamén asistirán a demostracións e presentacións nas que se coñeceran aos productos en primicia, innovación e maquinaria.
Tamén, os concursos de ganado Frisón, onde se reunirán aos mellores exemplares de frisón nos concursos morfolóxicos desta raza. Estes son organizados pola Federación Frisona Galega que se levarán a cabo concretamente o 21 e o 22 de febreiro.
Premios en Metálico de FEFRIGA 2025
En FEFRIGA 2025 haberá seis premios. O premio Segundo criador de novillas de Galicia é o de menor cantidade con 150 euros. Incrementando a cuantía atópase o premio de Segundo Criador de Galicia e o Mellor criador de novillas de Galicia con 300 euros. Síguenlle os de Novilla gran campeona Autonómico e Mellor criador de Galicia con 600 euros. E, finalmente, Vaca gran campeona Autonómico cun importe de 1000 euros.
Premios en Metálico Gandagro 2025
Neste caso, os premios GANDAGRO galardoan a un número máis reducido de persoas pero teñen varias cuantías. A máis baixa é a de Novilla gran campeona reserva con 600 euros. Síguelle o premio a Vaca gran campeona reserva con 1000 euros. O premio Novilla gran campeona é de 1200 euros, e finalmente, Vaca gran campeona con 2500 euros.
O prazo de inscripción para o concurso Frisón xa pechou. A entrada é gratuíta pero as persoas interesadas deben rexistrarse previamente na páxina web de Cimag – GrandAgro, onde encontrarán o programa completo e os horarios dos concursos.