lunes, enero 20, 2025
InicioNewsComarcasA Plataforma da N-120 avisa: "É a última carta pacífica que barallamos...

A Plataforma da N-120 avisa: «É a última carta pacífica que barallamos porque a paciencia ten un límite»

Os veciños e as veciñas afectados pola Nacional 120 ao seu paso por Ponteareas dixeron «basta». E é que segundo explicaron na lectura de manifesto que tivo lugar diante da casa do Concello da vila do Tea, «é a última carta que barallamos porque a paciencia ten un límite, a partir de agora, se non se nos escoita, esixiremos responsabilidades a quen corresponda«. Refírense aos atrasos que acumula a licitación das obras do Goberno central para levar a cabo a mellora da seguridade viaria nesta estrada, que acumula numerosos accidentes mortais tanto de peóns como de conductores e conductoras.

Manifestáronse diante da casa do Concello co respaldo de todos os grupos da corporación. De feito, celebrouse un pleno municipal extraordinario cun único punto do día: urxir a licitación das obras de mellora da Nacional 120 ao seu paso por Ponteareas. Saiu adiante con unanimidade baixo a mirada de decenas de veciños e veciñas que se deron cita no salón de plenos do consistorio. Tamén asistiron os deputados Julio García Comeaña e Felisa Rodríguez así como a senadora e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS