lunes, enero 20, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas acomete obras para a mellora enerxética das aulas do CRA A...

Ponteareas acomete obras para a mellora enerxética das aulas do CRA A Picaraña

O Concello de Ponteareas reitera o seu compromiso co alumnado das aulas do CRA A Picaraña buscando fondos para realizar obras de mellora enerxética nas seis aulas do colexio rural agrupado.

O concelleiro de Ensino, Ricardo González, fai fincapé en que estas seis aulas teñen máis de setenta anos e ao longo do tempo nunca se fixeron intervencións en eficiencia enerxética. “Somos conscientes da situación e sabemos que a solución a este problema pasa por unha reforma profunda das edificacións. Queremos que os nosos nenos e nenas desfruten dun espazo confortable”.

Por este motivo, vén de procederse á mellora da eficiencia enerxética nas aulas de Areas, Pías e Ribadetea onde, con apoio da Deputación de Pontevedra, seprocedeu ao cambio das xanelas e do tellado para a primeira das aulas, obras de cambio de tellado e carpintería de aluminio na aula de Pías e o cambio de ventás na aula de Ribadetea.

Do mesmo xeito, o mes de decembro o concelleiro de Ensino mantivo unha reunión coa dirección do CRA A Picaraña e co presidente da ANPA para avaliar as necesidades das seis aulas e programar as obras de mellora para o futuro.

Durante o encontro, acordaron substituír este verán a carpintería de aluminio da aula de Parada e a instalación de dúas bombas de calor e un radiador na aula de Moreira, ademais de cambiar a porta principal.

Respecto á intervención na aula de Moreira o concelleiro de Ensino sinala que «xa están en funcionamento as bombas de calor de 7.267W e de 5.523W e o radiador na zona na que se cambian os nenos e tan só falta a instalación da nova porta xa encargada».

Á espera de realizar as obras de eficiencia enerxética deste verán, en Parada reprogramouse o horario da calefacción para deixalo funcionando as 24 horas e mercar unha nova bomba de calor, tamén xa encargada.

Na actualidade contan con cinco radiadores máis dúas bombas de calor nun espazo de arredor de 60m2 pero a antigüidade da edificación e a falta de illamento restan eficacia. Neste inverno tamén se reforzou a aula de Pías con 2 radiadores cerámicos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS