Despois de varios meses e actividades, Boa Vila prepárase para a alfombra vermella dos Premios Feroz. A gala deste ano celebrarase o sábado 25 de xaneiro en Pontevedra. En total, entregaranse 21 galardóns. Destes once de cinema, sete de series, os dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz Audi de Honra, que o recibirá o cineasta Jaime Chávarri.
Nesta edición, destacan películas como Casa en flames dirixida por Dani de la Orden con oito nominacións ou La habitación de al lado dirixida por Pedro Almodóvar con seis. Co mesmo número encóntrase a película La virgen roja da directora Paula Ortiz, aínda que non é a única obra que posúe tantas nominacións, posto que Los destellos de Pilar Palomero, directora xa repite nos premios feroz, conta con seis nominacións entre as que se atopa a mellor dirección ou mellor actriz protagonista. Con catro nominacións atópanse as obras La estrella azul dirixida por Javier Macipe, Polvo Serán de Carlos Marques-Marcet e Salve María da directora Mar Coll.
No caso das series, as que teñen maior número de nominacións son Querer dirixida por Alauda Ruiz de Azúa, Eduard Solae Júlia de Paz con sete, Celeste do director Diego San José e da directora Elena Trapé con cinco. Coas mesmas nominacións encóntrase Los años nuevos dirixida por Rodrigo Sorogoyen, Paula Fabra, Sara Cano, David Martín de Los Santos e Sandra Romero, El caso Asunta de Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta, David Orea Arribas, Carlos Sedes e Jacobo Martínez, Nos vemos en la otra vida un thriller dirixido por Jorge Sánchez-Cabezudo, Alberto Sánchez Cabezudo e Yo, adicto dirixida por Javier Giner, Aitor Gabilondo Alba Carballal e Jorge Gil Munárriz.
Antes diso, na véspera da gala de premios como peche das actividades ofrecidas, a directora Alauda Ruiz de Azúa e os actores Iván Pellicer e Miguel Bernardeau presentarán Querer. Esta obra con sete nomeamentos, nas que se inclúen as de mellor serie dramática, mellor guión e a cinco dos seus protagonistas, convértese na serie con máis candidaturas aos Premios Feroz 2025. Proxectaranse dous capítulos acompañados dun coloquio co equipo o venres 24 ás 18:00 no Auditorio do Pazo da Cultura.
Entradas
As entradas das actividades son gratuítas a todas as sesións. Ademais, as invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Están permitidas como máximo catro localidades por persoa.
Compre lembrar, que a cerimonia será presentada polo cantante e actor La Dani, co guión de Diego Soto e Javier Durán. Aínda que as entradas para asistir a retransmisión da gala xa se esgotaron, emitirase en directo ás 22:00 tanto pola 2 como por RTVE Play. A alfombra vermella previa poderase seguir desde a canle de Youtube oficial dos Premios Feroz.
Onde ver as obras máis nominadas
A continuación, unha listaxe das películas e series máis nominadas e en que plataforma desfrutar delas.
A máis destacada por nominacións, Casa en Flames dirixida por Dani de la Orden está dispoñible en Netflix.
Paralelamente, o drama de Pedro Almodóvar con La habitación de al lado poderase desfrutar en Movistar Plus+.
Xa en Amazon Prime atópase La virgen roja de Paula Ortiz.
As persoas interesadas en Los destellos de Pilar Palomero poderán atopala en Filmin.
Javier Macipe coa súa, La estrella azul, poderá verse en dúas plataformas, Movistar + ou Filmin.
Polvo serán dirixida por Carlos Marques-Marcet encóntrase nas plataformas de HBO, Movistar Plus+ e Atresmedia.
Con respecto as series, no caso de Querer dirixida por Alauda Ruiz de Azúa, Eduard Sola e Júlia de Paz encóntrase en Movistar Plus+.
Isto tamén sucede coa serie de Elena Trapé e Diego San Josén, os interesados e as interesadas poden visualizala en Movistar Plus+.
Los años nuevos dirixida por Rodrigo Sorogoyen, Paula Fabra, Sara Cano, David Martín de Los Santos e Sandra Romero atópase en Movistar Plus+.
No caso de El caso Asunta de Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta, David Orea Arribas, Carlos Sedes e Jacobo Martínez visualizarase en Netflix.
En Disney+ pódese visualizar Nos vemos en la otra vida dirixido por Jorge Sánchez-Cabezudo, Alberto Sánchez Cabezudo.
Da mesma forma que Yo, adicto dirixida por Javier Giner, Aitor Gabilondo Alba Carballal e Jorge Gil Munárriz, que tamén encóntrase en Disney+.