O novo espazo, dedicado á promoción dun modelo enerxético máis sostible e participativo, será inaugurado o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20:00h nun acto realizado no Salón de Exposicións do Concello, e dende o gobernó local «instan á ciudadanía a acudir a dito encontro».
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, asegura que esta iniciativa «representa un avance moi importante no modelo de transformación integral do municipio«. «A Oficina da Enerxía», informa a alcaldesa, «nace co obxectivo de fomentar a participación cidadá e promover a creación de comunidades enerxéticas locais. Ademais, ofrecerá servizos de asesoramento, formación e acompañamento en proxectos relacionados coas enerxías renovables e a eficiencia enerxética».
Unha invitación a toda a veciñanza
Con este acto de inauguración, o Concello busca implicar a toda a comunidade na transición cara a un futuro máis sostible. Durante o evento, presentarase oficialmente o proxecto, os seus obxectivos e as vantaxes que ofrece tanto a nivel ambiental como social e económico.
Durante o acto a alcaldesa do Rosal explicará a importancia desta iniciativa no contexto local e como a oficina se converterá nun referente de transformación enerxética na comarca. Ademais, tamén se dará a coñecer o proxecto EC4RURAL, liderado pola Universidade de Vigo e no que participa o Concello rosaleiro.
Este evento converterase «nunha oportunidade única para que os veciños e veciñas coñezan de primeira man o proxecto e as iniciativas dispoñibles. Ademais, será un espazo de intercambio e participación onde todas e todos os asistentes poderán achegar ideas e resolver dúbidas sobre a transición enerxética» asegura o goberno local.