viernes, enero 17, 2025
InicioNewsActualidadeA 44ª Regata Miño Internacional chega este sábado ao Baixo Miño

A 44ª Regata Miño Internacional chega este sábado ao Baixo Miño

Tomiño e Tui acollerán a 44ª Regata Miño Internacional XX Copa Presidencia da Deputación de Pontevedra nas augas do río Miño.

A proba, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de xaneiro, contará con récord de participación coa presenza de 300 deportistas pertencentes a 22 clubs, dos que 12 serán portugueses e 10 españois.

Ademais, é a primeira vez que esta proba deportiva forma parte do calendario internacional de remo.

A regata consta de 6 quilómetros en augas do río Miño entre Currás, en Tomiño, e Tui. A liña de meta estará situada fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses e as saídas realizaranse en tandas de cinco barcos cada cinco minutos dende ás 11.50 h. A entrega de premios está prevista para ás 13:00h.

Durante a presentación da proba, Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño, organizador da regata, destacou a alta participación que se acadará nesta edición xa que na categoría de Catro Scull Masculino competirán 15 barcos, en Catro Scull Feminino, 8 barcos, en Oito 10 barcos masculinos, 8 femininos, e 7 veteranos, o que brindará un gran espectáculo deportivo en augas do Miño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou coma “a inclusión desta proba no calendario internacional nos vai dar a posibilidade de acceder a fondos do PERTE Deportivo que financia o Consello Superior de Deportes, para ampliar o centro interfederado, cuxo proxecto xa está redactado”. Felicitou ao Club Remo do Miño por “ conseguir este fito importante, como é a internacionalización desta proba, que sen ningunha dúbida vai a significar incluso unha maior posta en valor da realización da mesma”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS