O festival de recente creación, Son do Faro, vén de revelar o seu cartel para o próximo sábado 1 de febreiro. O evento, que se realizará no marco das festas de San Blas, desenvolverase no Centro Cultural da Forna, na parroquia de Budiño do Concello do Porriño.
O festival, segundo anunciou a organización nas súas redes sociais, contará cos actuacións de Michenlo, Groove Amigos, Traffic House, DMirón, Marcos Gramola e coa Disco Móvil A Gramola.
A entrada será gratuita e «promete ser unha noite que quedará para os libros de historia, ao nivel dos mellores festivais galegos» anuncian nas redes sociais do festival.
O evento está organizado pola productora Leitmotiv, xestores doutros eventos realizados na zona como o Negrita Festival, o Reggueton Beach Festival Galicia ou O Son do Tea.