jueves, enero 16, 2025
InicioNewsActualidadeComezan as obras de mellora na EP-2204 Sabarís-Belesar en Baiona

Comezan as obras de mellora na EP-2204 Sabarís-Belesar en Baiona

Dan comezo as obras de mellora na estrada provincial EP-2204 Sabarís-Belesar, enmarcadas dentro do plan que o Concello de Baiona ten coa Deputación de Pontevedra co fin de mellorar e resolver as incidencias nas vías de titularidade provincial.

A execución da obra consiste na modificación de 150 metros en torno ao punto quilométrico 1+900, a cada marxe da vía en torno do arcén. Deste xeito, solventaranse os problemas pluviais canalizando a zona.

Ademais, a obra aportará seguridade para os veciños e veciñas que se despracen a pé pola mesma, grazas ao formigonado do arcén.

Durante o transcurso das obras, produciranse cortes na calzada regulados por un semáforo no tramo indicado durante os días que se realicen as mesmas, que segundo indican dende o goberno local «a previsión está en que as obras rematen o 30 de xaneiro«.

Dende o Concello de Baiona afirman que «esta obra responde a unha petición dos veciños e veciñas de Belesar», conseguida » e aseguran que «ao remate destas obras, realizaránse modificacións similares na EP-2203 Baredo-Loureza«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS