miércoles, enero 15, 2025
InicioNewsComarcasExposicións e espectáculos no Galiexpo Motorshow 2025 no Ifevi de Vigo

Exposicións e espectáculos no Galiexpo Motorshow 2025 no Ifevi de Vigo

Quéntanse motores para a Galiexpo Motor Show, unha feira e exposición anual enfocada sobre todo para os e as amantes dos vehículos e que leva 17 edicións en marcha. Un espacio profesional que conta con espectáculos en directo e que volve ao recinto ferial do Ifevi en Vigo os días de 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro, con exhibicións, sorteos e concursos. 

Galiexpo Motorshow

Este evento posúe varios sectores de exposición e divídense en talleres, maquinaria, recambios motocicletas, tuning, clásicos, superdeportivos, espectáculos e actividades, fórmula 1, competición, furgo camper e caravaning. Todo isto pode ofertarse porque sitúase nun espazo de 25.000 metros cuadrados.

Galiexpo Motorshow

Horarios

Con respecto aos horarios do salón varían dependedo do día. O venres 31 ábrese o recinto ás 10:00 a 20:30 horas coa xornada de portas abertas a profesionais. O sábado 1 de febreiro iniciase ás 10:00 ata ás 21:00 horas e o domingo 2 o horario é de ás 10:00 ata ás 20:30 horas.

Non sucede o mesmo cos horarios de espectáculos de Motor Indoor que son máis concretos e organízanse por pases. O venres 31 só haberá un único pase ás 20:30 horas. O sábado 1 conta con dous pases, o primeiro ás 17:30 horas e o segundo ás 19:30 horas. Por último, o domingo 2 inicia o primeiro pase ás 17:00 horas e o segundo ás 19:00 horas.

Actividades

Nesta edición, será o venres o día no que se fomente máis o networking, cun programa que contén charlas e intervencións. Entre estas encóntrase o economista Emilio Duró, onde compartirá a súa experiencia como emprededor e conferenciante internacional, ofrecendo consellos e ferramentas prácticas para alcanzar o éxito en todos os aspectos da vida. A súa charla comezará ás 17:30 horas.

No referente ao sábado e ao domingo, haberá varias concentracións de coches e motos. No espectáculo de Drift, contarán co piloto de Drift do Equipo Driftgalicia, Martín NOS Tilve. Aínda así, haberá oco para as actuacións musicais, simulacións, exposicións e food trucks o que permitirá que poida ser un plan compartido por toda a familia.

Ademais, as persoas que queiran poderan expor o seu coche. Para iso, os interesados e as interesadas deben enviar unhas fotografías do vehículo a expoindoor@galiexpo.com para entrar na fase de selección. Posteriormente, a organización porase en contacto cos seleccionados e cas seleccionadas antes do 20 de xaneiro. O coste da participación do coche e o conductor ou conductora é de 10 euros, con isto, incluiríase a entrada ao salón, a praza na exposición e o pase para o drift do domingo ás 17:00 horas.

As entradas

Para acceder aos eventos e actividades, as persoas interesadas deben comprar as entradas en MÁSqueTICKET. Para os nenos e nenas de cero a sete anos son de balde. Pola contra, os de máis idade abonarán un precio de 5 euros, e os maiores de 16 anos deberán pagar 10 euros. Nas actividades de salón e espectáculos de drift para os menores de entre 8 e 16 anos, a entrada terá un coste de 10 euros. No caso de ser maior de 16 anos, acudir aos eventos do Salón e o drift a entrada costará 15 euros. Coa entrada entra no sorteo unha experiencia de copiloto de Drift, Martín NOS.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS